en_plena_expansion_ok2

VICTOR_prueba3

Víctor J. Muñoz é Licenciado en Dereito, Avogado, Colexiado Nº 2.097 ICA Alzira, Máster en Comercio Internacional.
Fala inglés, español e valenciano. A súa especialidade é a negociación e contratación internacional.

• Foi Director de Exportación de diferentes empresas coas que viaxou por todo o mundo.
• Foi VICEPRESIDENTE 2º DE ACOCEX desde xuño de 2010 a marzo de 2013 cando renunciou para centrarse exclusivamente en Valtrading e os seus clientes.
• Foi Delegado da Asociación Española de Consultores de Comercio Exterior en Valencia desde xaneiro de 2006 ata xuño de 2010 cando foi nomeado Vicepresidente 2º.
• Recibiu varios premios, por exemplo o do Concello de San Javier (Murcia) e tamén de diferentes asociacións pola súa contribución á internacionalización das empresas.
• Profesor de Comercio Internacional, ofrece seminarios e conferencias en distintos foros e publicou artigos en diferentes medios.
• Gran amante do deporte, gústalle correr e practica fútbol, tenis e pádel. A súa gran paixón: o Valencia CF do que é socio e accionista.

Mariajose3

María José López Arias é Diplomada en Secretaría Internacional de Dirección e Máster en Comercio Exterior e Relacións Internacionais.
Fala francés, inglés, español e valenciano. A súa especialidade é a planificación estratéxica e xestión de modos de cobro e financiamento.

•Desde 1994 e ata 2002, dedicada á xestión da internacionalización de diversas mercantís. Durante estes anos Mª José foi responsable de distintos departamentos de multinacionais, grandes e medianas empresas internacionalizadas e de diferentes sectores: pinturas, construción, obras públicas, etc. Desde 2003 dirixe xunto a Víctor J. Muñoz a súa propia empresa: Valtrading, SL, entregando toda a súa experiencia e coñecementos na internacionalización dos seus clientes.
• Desde xuño de 2010 ata marzo de 2013 foi a Delegada de ACOCEX en Valencia.
• Recibiu, igualmente, varios premios pola súa contribución á internacionalización de diversas empresas.
• Fala francés, inglés, español e valenciano. A súa especialidade é a planificación estratéxica e xestión de modos de cobro e financiamento.
• Gran amante dos animais, a natureza, o cine e a lectura, sobre todo a empresarial. Encántalle viaxar.

FOTO-javi-Murcia_ok

Francisco Javier Muñoz Segura é Licenciado en Marketing e Xestión Empresarial. Bachelor in Business and Marketing pola University of Hertfordshire do Reino Unido e Máster en Banca Privada. Fala inglés e deféndese tanto en alemán como en éuscaro.

• Desde 2014 é o Director da Delegación Territorial de Valtrading en MURCIA.
• Desenrolou boa parte da súa carreira profesional como Asesor Financeiro.
• Especialista en Financiamento, modos de cobro e pago nacionais e internacionais.
• Membro da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE), da Rexión de Murcia.

logo-aje-bandera
• É unha persoa fiable, tranquila e reflexiva cun gran valor a nivel comercial.
• Gran amante do baloncesto e da bicicleta de montaña á que dedica a maior parte do seu tempo libre.

Enrique

Enrique Gómez Seijó é Arquitecto de formación, realizando os seus estudos na Universidade de A Coruña.
Ademais de español e galego, desenvólvese con gran soltura en outros 3 idiomas: inglés, francés e portugués.

• Desde 2014 é o Director da Delegación de Valtrading nas provincias galegas de A CORUÑA e LUGO.
• Cunha dilatada experiencia como investigador e organizador de eventos internacionais, é especialista en marketing e imaxe a nivel internacional. Sempre enfocado á exportación de produtos da súa terra galega pola que sente devoción.
• Enrique é unha persoa con gran capacidade para o traballo e a toma de decisións baixo presión. Ten un gran sentido da lealdade, a confidencialidade e o compromiso, sempre enfocado desde un carácter reflexivo e sereno.
• Gran amante da fotografía, o debuxo e a pintura sen esquecernos do xadrez, o fútbol (seguidor do Deportivo) e os coches clásicos que son, sen dúbida, a súa gran paixón.

joseramon

José Ramón Sánchez é licenciado en Administración e Dirección de Empresas e diplomado en Empresariais, realizando os seus estudos na Universidade Internacional de A Rioxa e na Universidade de Xaén, respectivamente.
Ademais de español, desenvólvese con gran soltura en outros 3 idiomas: francés, inglés e italiano, xa que estudou parte da súa carreira en Italia.

• Desde 2014 é o Director da Delegación de Valtrading nas provincias galegas de PONTEVEDRA e OURENSE.
• Desenvolve boa parte da súa carreira profesional como Asesor Financeiro, ostentando diferentes cargos de responsabilidade en importantes entidades bancarias e financeiras españolas.
• Especialista en Financiamento, modos de cobro e pago nacionais e internacionais, así como en calidade e xestión.
• Membro da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) da Pontevedra.
• É unha persoa moi pro-activa, de grande responsabilidade, aguda intelixencia e marcado carácter comercial.
• Gran amante do fútbol, que practicou a alto nivel en diferentes equipos, da súa familia e das viaxes polo mundo.

ALBERTO_VICIANA

Alberto Viciana Fernández é un emprendedor e empresario de ampla traxectoria e reconñecidísimo prestixio en Andalucía, especialmente en Almería. Dende 2017 é o Xerente da oficina de Valtrading nas provincias andaluzas de ALMERÍA e GRANADA.

• Ademáis de en español, se desenvolve con gran soltura en inglés.
• A súa carreira profesional desenvolveuse principalmente na dirección empresarial e como emprendedor empresarial (entrepeneur), en sectores aparentemente tan diferentes como o agroalimentario, o turístico, a construcción, o transporte por estrada, a montaxe de instalacións, etc. Por todo isto, Alberto foi obtendo co tempo unha ampla e completa visión empresarial.
• Consultor con innumerables recursos e moitos contactos, é especialista na apertura de mercados complexos, e en xeración de estratexias de entrada, así como en solucións ante barreiras á exportación.
• Alberto é tamén un ávido lector de historia económica, así como de historias empresariais de éxito. Encántalle o deporte, especialmente o golf, que é a paixón común na súa gran familia: sen dúbida o máis importante na súa vida.

ALBERTO_VICIANA SALVADOR

Alberto Viciana Salvador é lincenciado en Económicas pola Universidade de Almería e Máster en International Business pola EAE Business School de Madrid.

• Alberto fala 3 idiomas: español, italiano e portugués.
• Dende 2017 é o Director Executivo da oficina de Valtrading nas provincias andaluzas de ALMERÍA e GRANADA.
• Alberto é novo e ten un grande talento, pero cunha grande experiencia internacional ás súas costas. Alberto contribuíu en empresas especializadas na comercialización e exportación de café. Igualmente, formou parte do equipo internacional dun dos máis importantes importadores e distribuidores de viños do Reino Unido.
• Cunha importante experiencia e coñecemento do sector das froitas e verduras en Almería, Alberto é un profesional íntegro, moi completo e creativo.
• Alberto Viciana Salvador é tamén un grande amante da cociña e a cultura italianas, ás que está moi unido a través dunha relación moi especial para él. Encántalle, coma a todo o mundo en Valtrading, o deporte, pero no seu caso hai que resaltar que é un auténtico crack do golf.

JOSE_ANTONIO_GATO

José Antonio Gato ten un Doctorado en Dirección de Empresas pola Universidade da Sorbona de París e tamén é licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Escola Superior de Comercio de París-Grupo ESCIA. José Antonio ten a grande avantaxe de seres español, pero nado e criado en París, polo que é totalmente bilingüe en dúas linguas tan importantes no comercio internacional como son o castelán e o francés. Ademáis, fala tamén inglés.

• Dende 2017 é o director da Delegación de Valtrading nas provincias andaluzas de SEVILLA, CÓRDOBA E XAÉN.
• José Antonio consolidouse como Consultor de Comercio Internacional tras unha brillante carreira profesional como Xerente, Director de Xestión Comercial e de Márketing, así como Director Comercial Internacional de varias multinacionais e Pemes dos sectores tan importantes como a automoción, a cosmética ou a gran distribución.
• Especialista  na Xestión de Equipos, xa que é un líder tanto pola súa experiencia como pola súa personalidade, José Antonio é igualmente un experto en xestión empresarial e na implantación de estratexias de venta e de crecemento en novos mercados.
• José Antonio é unha persona de grande empatía, con un don para propoñer solucións rápidas e brillantes ás necesidades dos seus clientes.
• Gran amante do pádel, que practica sempre que pode, do deporte en xeral, así coma dos cans e da súa familia, especialmente da súa filla que é, sen dúbida, o máis importante para él.

MARGARITA_LOPEZ

Margarita López é Licenciada en Veterinaria pola Universidade de Córdaba.

• Dende 2017 é Consultora Comercial da Delegación de Valtrading nas provincias andaluzas de SEVILLA, CÓRDOBA E XAÉN.
• Margarita desenvolveu a súa carreira profesional como asesora comercial, xefa de equipo e delegada de ventas de diferentes e importantes empresas dos sectores médico, sanitario e tamén financieiro.
• Margarita é unha gran coñecedora do tecido empresarial de Andalucía, ten unha marcada vocación comercial e é, sen dúbida, unha número un da xestión e o trato co cliente. Hai que destacar a especialización de Margarita na resolución de problemas comerciais dende a aplicación de técnicas comerciais eficientes e pragmáticas, o que xenera un gran valor e rendibilidade nos seus clientes.
• Experta en animais, unha das súas principais afeccións é a de presentar aos seus seis cans a múltiples concursos caninos, con moito éxito, por certo, pero coma o seu compañeiro na delegación de Sevilla, o máis importante para ela é a súa preciosa familia.