VOSTEDE COÑECE O SEU PRODUTO MELLOR CA NINGUÉN. VALTRADING SABE COMO VENDELO

Experiencia Valtrading: Coñecemento do Producto

Valtrading é un dos principais especialistas en exportación, importación e vendas do país. Temos gran experiencia en moitos sectores e produtos diferentes. Probablemente xa contemos con valiosos contactos no seu sector. Non obstante, o importante é que traballemos como equipo. Vostede, que coñece o seu produto mellor ca ninguén, ilustraranos na parte máis técnica. Tras esa formación inicial, os nosos consultores encargaranse de vender e exportar o seu produto con éxito.

Confidencialidade Absoluta

Valtrading envía á súa empresa aos seus consultores para que reciban a formación necesaria que será tratada de xeito absolutamente exclusivo e confidencial, limitándose só aos aspectos necesarios para poder desempeñar o noso traballo do xeito máis profesional.

¿Cal é o seu sector? ? Probablemente xa teñamos experiencia nel.

  • Farmacia e Cosmética: Medicamentos, Cosméticos, Tensiómetros Dixitais, Termómetros de Galio, Mercurio e Dixitais.
  • Construción: Cemento, Mármore, Cerámica, Azulexos, Ferraxería metálica, en aluminio e en PVC, Fiestras, portas e persianas, Perfilaría diversa, Escaiola tanto en sacos como teitos, Mobiliario Urbano e produtos de formigón armado, Xeotéxtiles
  • Agricultura: Laranxas, Mazás, Allos, Viveiros de árbores froiteiras, Vide Americana: estaca, estaquiña e gromos.
  • Calzado e Marroquinería: Cintos, Bolsos, Carteiras, Zapato segmento luxo (construción Boloña) e segmento medio.
  • Xoguete
  • Alimentación: Chocolates, Aceites, Froitos Secos gourmet, Viños.
  • Maquinaria e Equipamento: Maquinaria Agrícola, Grúas, Maquinaría de Construción, Tractores, Equipos Tratamento de Augas, Invernadoiros.
  • Moble, Iluminación e Decoración: Lámpadas e Iluminación, Sofás de Pel e Tea, Cadeiras, Ceras e Velas decorativas.
  • Electrónica: Marcadores Electrónicos Deportivos, Cigarros Electrónicos.